Chaetosalpinx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un exemplo de Chaetosalpinx Sokolov, 1948, Chaetosalpinx sibiriensis en Paleofavosites cf. collatatus, Bagovitsa A, Ucraína, subformación Muksha, Ludlow, sección transversal; a frecha apunta a C. sibiriensis.

Chaetosalpinx é un fósil icnóxeno de bioclaustracións, que se considera un tipo de fósil traza mariño paleozoico. Vivían dentro do esqueleto en crecemento dun organismo hóspede vivo, producindo unha cavidade chamada bioclaustración. Chaetosalpinx contén cavidades rectas ou sinuosas paralelas ao eixe de crecemento do hóspede co cal vive. A cavidade é de circular a oval en sección transversal e carece de tábulas que formen un piso ou recubrimento da parede.[1] Son comúns en medio de fósiles de corais tabulados e rugosos desde o Ordovícico tardío ao Devoniano de Europa e Norteamérica.[1][2][3][4] Seguramente eran parasitos.[5]

Chaetosalpinx sibiriensis en Paleofavosites cf. collatatus, Bagovitsa A, Ucraína, subformación Muksha, Ludlow, secció transversal; a frecha apunta a C. sibiriensis

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Tapanila, L. (2005). "Palaeoecology and diversity of endosymbionts in Palaeozoic marine invertebrates: Trace fossil evidence". Lethaia 38: 89–99. doi:10.1080/00241160510013123. 
  2. Mõtus, M.-A.; Vinn, O. (2009). "The worm endosymbionts in tabulate corals from the Silurian of Podolia, Ukraine" (PDF). Estonian Journal of Earth Sciences 58: 185–192. doi:10.3176/earth.2009.3.03. Consultado o 2013-07-31. 
  3. Vinn, O.; Mõtus, M.-A. (2012). "Diverse early endobiotic coral symbiont assemblage from the Katian (Late Ordovician) of Baltica". Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology. 321–322: 137–141. doi:10.1016/j.palaeo.2012.01.028. Consultado o 2014-06-11. 
  4. Vinn, O.; Wilson, M.A.; Mõtus, M.-A. (2013). "Symbiotic worm endobionts in a stromatoporoid from the Rhuddanian (lower Silurian) of Hiiumaa, Estonia". PALAIOS 28: 863–866. doi:10.2110/palo.2013.078. Consultado o 2014-06-11. 
  5. Zapalski, M. K. (2007). "Parasitism versus commensalism: the case of tabulate endobionts". Palaeontology 50: 1375–1380. doi:10.1111/j.1475-4983.2007.00716.x.