Chachoengsao
Chachoengsao (en tai: ฉะเชิงเทรา) é unha poboación (thesaban mueang) da zona central de Tailandia, capital da Provincia Chachoengsao, a uns 50 km ao leste de Bangkok. Áchase na ribeira do río Bang Pakong. Ocupa os tambon de Na Mueang e parte de Ban Mai, Bang Tin Pet, Wang Takhian e Sothon, do distrito de Chachoengsao. No 2006 tiña unha poboación de 60.893.
A poboación estableceuse no ano 1549 durante o reinado do rei Maha Chakkrapat de Ayutthaya e orixinalmente serviu centro de recrutamento do exército. Durante o reinado do rei Maha Thammaracha, o reino chegou a un nivel de declive que permitiu a súa conquista polos birmanos. Phraya Lawaek, o rei khmer recrutou tailandeses de varias cidades, incluíndo Chachoengsao, para traballar nas súas terras.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |