Cesuras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°10′24″N 08°12′00″W / 43.17333°N 8.2°W / 43.17333; -8.2

Cesuras
Escudo de Cesuras
Casa Concello, Cesuras.jpg
Casa consistorial.
Situación
Situacion Cesuras.PNG
Xentilicio[1]: Cesurán
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Betanzos
Poboación: 2.219 hab. (2009)
Área: 79,7 km²
Densidade: 28,53 hab./km²
Entidades de poboación: 13 parroquias
Capital do concello: O Forte, Bragade
Política (2011)
Alcalde: Julián Lucas Ramírez (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 3
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en Cesuras
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 97,60 %
Sitio web oficial
www.cesuras.org

Cesuras é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2009 tiña 2.219 habitantes (2.323 no 2007, 2.391 no 2006, 2.427 no 2005, 2.463 no 2004, 2.509 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Cesurán.

Evolución da poboación de Cesuras - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
 4.989  5.572  6.408  3.740  2.463  {{{6}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

O concello ten 79,46 km², repartidos en trece parroquias. Limita ao norte con Oza dos Ríos, ao sur con Mesía, ao leste, con Curtis e ao oeste con Abegondo.

Está formado fundamentalmente por terras de montaña, aínda que conta tamén con outeiros e chans fértiles cun clima tibio e de boa ventilación. Os cumios máis importantes son os montes de Seixas, San Gregorio, Alto da Espenuca, Montouro, Montevello e o Pico de Medela. Entre os seus vales, destaca o de Filgueira de Barranca.

Fervenza do Mendo.

O Mero, que nace na Tieira (Borrifáns) e vai cara ao sur, servindo de límite natural polo oeste con Abegondo.

O río Mendo nace nas proximidades da Illana (Curtis), percorrendo o concello polas parroquias de Filgueira de Barranca, Bragade e Trasanquelos, indo cara a Oza dos Ríos. Ao seu paso por Bragade recibe o nome de río da Forcada. En Soxal está situado o muíño de Forcada, restaurado. Máis abaixo está o encoro de Buxía (antigo salto de corrente eléctrica), o muíño de Delgado (abandonado), e en Trasanquelos, no cruce da estrada a Curtis, o muíño de Buxía.

O rio Corbeiro, afluente do Mero, nace en Dordaño (Os Leiros e O Castelo). O rio de Fornelos, afluente do Mendo, nace nos altos de Trasanquelos.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cesuras.

[editar] Lugares de Cesuras

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cesuras vexa: Lugares de Cesuras.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cesuras

Borrifáns (San Pedro) | Bragade (San Mamede) | Carres (San Vicenzo) | Cutián (Santa María) | Dordaño (Santa María) | Figueredo (Santa María) | Filgueira de Barranca (San Pedro) | Filgueira de Traba (San Miguel) | Loureda (Santo Estevo) | Mandaio (San Xiao) | Paderne (Santiago) | Probaos (Santaia) | Trasanquelos (San Salvador)

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Concellos da Comarca de Betanzos Comarca de Betanzos
Aranga
Aranga
Betanzos
Betanzos
Cesuras
Cesuras
Coirós
Coirós
Curtis
Curtis
Irixoa
Irixoa
Miño
Miño
non temos escudo
Oza dos Ríos
Paderne
Paderne
Vilarmaioro
Vilarmaior
Vilasantar
Vilasantar
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas