Cerume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cerume

O cerume[1] ou cera do oído é unha substancia segregada naturalmente polo oído de moitos mamíferos incluíndo o ser humano. Esta substancia cerosa e amarelada é de alta importancia para o conduto auditivo externo humano xa que o limpa, o lubrica e o protexe contra certas bacterias, fungos e insectos. O seu exceso pode conducir a unha perda auditiva.

Produción[editar | editar a fonte]

O cerume é producido no terzo externo da porción cartilaxinosa do conduto auditivo externo. É unha mestura de segregacións viscosas das glándulas sebáceas e outras menos viscosas procedentes das glándulas sudoríparas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cerume.