Centro Socio-Cultural Manuel Rodríguez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro Socio-Cultural Manuel Oreste Rodríguez López.

O Centro socio-cultural Manuel Rodríguez López é un centro con facilidades bibliotecarias e informáticas e espazo social para uso da comunidade situado en Paradela. Está adicado ó poeta, escritor e cronista Manuel Rodríguez López. para o uso da comunidade, e nel celébrase anualmente o Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López.

Historia[editar | editar a fonte]

O centro inaugurouse no 2001 por Manuel Fraga Iribarne[1]. A este novo edificio foi onde se traslado a antiga Casa de Cultura de Paradela adicada a Manuel Rodríguez López, inaugurada no 1990. Dende 1995 lévase celebrando alí o certame que chegou á décimo sétima edición no 2012. A entrega de premios celébrase anualmente en decembro.

Facilidades[editar | editar a fonte]

O centro ten unha biblioteca sita no último piso, que se usa como a biblioteca de Paradela. Tamén ten o auditorio onde se celebran ocasións de importancia no concello de Paradela. O centro tamén contén unha sala con ordenadores que pode usar o público, e que se pode usar como un lugar social, con xornais, cartas etc...

Biblioteca situada no Centro Socio-Cultural Manuel Oreste Rodríguez López.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.manuelrodriguezlopez.org/sites/manuelrodriguezlopez.org/files/users/adm/pdfs0/06_VI%20edicion.pdf (p.39) Libro de obras premiadas da 6a. edición do certame literario Manuel O. Rodríguez López

Véxase Tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]