Casa Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa Pereira
Casa Pereira en Ferrol
Edificio
Estilomodernista
LocalizaciónFerrol
Coordenadas43°28′59″N 8°14′12″O / 43.482966, -8.236777Coordenadas: 43°28′59″N 8°14′12″O / 43.482966, -8.236777
Propietarioparticular
Construción
Inicio1912
Dimensións
Plantas3
Equipo
Arquitecto(s)Rodolfo Ucha Piñeiro
Promotorfamilia Pereira
editar datos en Wikidata ]

A casa Pereira é un edificio de estilo modernista, proxectado na cidade de Ferrol polo arquitecto galego Rodolfo Ucha Piñeiro en 1912.

Características[editar | editar a fonte]

A singularidade da fachada do edificio mostra unha concepción nova ao empregar dous módulos verticais claramente diferenciados entre si, en lugar do clásico esquema de tres ocos independentes.[1] O deseño de cada un dos elementos de ambos os módulos está individualizado a partir do uso de diferentes materiais como madeira, cemento, azulexo, ladrillo ou ferro, que conforman un amplo despregamento de elementos ornamentais e que dotan ao edificio dunha distinción moi por encima da súa dimensión e función real.[2]

A innovación no deseño do edificio evidénciase polo uso dun extenso repertorio de solucións nos vans, que vai desde o oco rectangular aos arcos ou os círculos, rematados con balcóns profusamente ornamentados, rejerías con sofisticadas formas e a profusión de decoración con motivos vexetais que intercalan elementos Secesión con outros de inspiración do modernismo centroeuropeo.[2] A casa Pereira pertence ao conxunto histórico-artístico do barrio da Magdalena[3] e á ruta modernista de Ferrol.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guía da arquitectura. Ferrol e comarca (1ª ed.). A Coruña: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. 2007. p. 89. ISBN 978-84-96712-07-2. 
  2. 2,0 2,1 Castelo Álvarez, Bernardo (2000). Ferrol: morfología urbana y arquitectura civil, 1900-1940 (1ª ed.). A Coruña: Universidade da Coruña. pp. 316–317. ISBN 84-95322-74-9. 
  3. Turgalicia/Axencia Galega de Turismo. "Edificio singular Casa Pereira. Ferrol, A Coruña" (en español). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  4. Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol. "Ruta del Modernismo de Ferrol". Consultado o 18 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]