Carrer da pelota valenciana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carrer da pilota en Calp (Alacant).

Un Carrer da pelota valenciana, en valenciano Carrer de la pilota (rúa da pelota) é un recinto pechado de características semellantes a unha rúa na que se practican as modalidades de xogo da pelota valenciana que historicamente se xogaba nas rúas das comarcas do País Valenciano.

Tradicionalmente estes xogos se practicáronse nunha rúa concreta de cada comarca. Estas teñen en común que son rectilíneas e con nula o escasa pendente, cun ancho variábel entre 6 e 8 metros. Os beirados, balcóns, baixantes, beirarrúas etc. son obstáculos utilizados no xogo en contra do adversario.

O carrer da pelota, recollendo a idea inicial de xogo na rúa non ten unha regulamentación específica en canto a dimensións, dispoñendo tamén dunha anchura variábel e de elementos que dificultan o xogo. Adoitan ser dunha lonxitude entre 50 e 70 metros, un ancho entre 6 e 8, e unha alzada aproximada de 10 metros.