Cannabis indica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Cannabis Sativa Indica xorde da adaptación da planta orixinal aos climas montañosos de Asia Central.

A súa principal característica é a súa rápida floración, debida á rápida chegada do inverno nestes climas.

Son plantas máis pequenas cás Cannabis sativas sativas, e máis robustas, con follas máis escuras e de folíolos máis grosos cás sativas; e que xeneran un gran gomo na copa.

Ó fumar as súas flores conséguese un efecto relaxante e incluso narcótico.

É difícil atopar variedades índicas puras xa que o que máis se dá son os chamados "híbridos" (mesturas entre índicas e sativas); exemplo de variedades índicas puras son a Northern Lights e a Hindu kush.