CamelCase
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
CamelCase é nunha transformación gramátical, usada de cotío en linguaxes de programación, que consiste en xuntar as frases ou verbas compostas nun só vocablo, eliminando os espazos entre termos e aplicando maiúsculas á primeira letra de cada verba, para facilitar o seu uso e evitar conflitos en linguaxes onde os espazos posúen unha significación adicional non relacionada, vinculada ou non influinte na súa consideración adicional de separador de termos nas linguaxes naturais. Dentro da práctica da programación considérase un aspecto de estilo na mesma.
Existen dous tipos de CamelCase:
- UpperCamelCase, cando a primeira letra de todas se atopa escrita en maiúsculas. Ej: ExemploDeUpperCamelCase
- lowerCamelCase, a primeira letra da primeira verba se atopa escrita en minúsculas e as primeiras letras das demáis verbas se atopan escritas en maiúsculas. Ej: exemploDeLowerCamelCase
Trátase dun estándar en programación e nas primeiras ferramentas wiki; tamén se usa ás veces para nomes comerciais. Fóra destos contextos non se usa con frecuencia, aínda que temos que atopar o primeiro caso coñecido na verba comercial CinemaScope, fora de contextos de programación.
Un exemplo da súa utilización é a linguaxe de programación Java onde os nomes de clases escrébense seguindo as pautas dun UpperCamelCase, namentres que para os membros das clases úsase lowerCamelCase.