CB L'Hospitalet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torrons Vicens L'Hospitalet
Competición España LEB Prata
Fundado 1939
Cidade Cataluña L'Hospitalet de Llobregat
Pavillón L'Hospitalet Nord (2.000)
Cores           Branco, azul
Presidente Xavier González
Adestrador Mateo Rubio
Copa do Rei 1 (1940)
Sitio Web www.cbhospitalet.com

O Club Baloncesto L'Hospitalet é un club de baloncesto profesional catalán con sede en L'Hospitalet de Llobregat, Barcelona. Actualmente (2010) compite na Liga LEB Prata.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundado en 1929, é un dos clubs máis antigos de España no deporte da canastra. A pesar de que actualmente compite na LEB Prata, que é a terceira categoría do baloncesto español, o L'Hospitalet é un club histórico do baloncesto español, fundador da Liga ACB, e que ten na súa palmarés unha Copa do Rei, conseguida en 1940 e dous Campionatos de Cataluña (1940 e 1941).

Na tempada 1973-1974 conseguiu o ascenso á primeira división da Liga española, na que militou até 1978, en que descendeu á Segunda División. Foi, en 1983, un dos clubs fundadores da Liga ACB, aínda que só puido disputar o campionato da liga 1983-1984, xa que descendeu de categoría.

Tras diversos descensos, na tempada 1999-2000 disputou a Liga EBA, da que se proclamou campión na tempada 2003-2004 logrando o ascenso a [Liga Española de Baloncesto|LEB-2]. Na tempada 2004-2005 proclamouse campión de LEB-2 e ascendeu á LEB Ouro. En 2009 xoga na LEB Prata. Xoga con camiseta branca e pantalón azul. O equipamento reserva consiste en pantalón e camiseta azul.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]