Código de barras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O código de barras é un código baseado na representación mediante un conxunto de liñas paralelas verticais de distinto grosor e espaciado que no seu conxunto conteñen unha determinada información. Deste xeito, o código de barras permite recoñecer rapidamente un artigo nun punto da cadea loxística e así poder realizar inventario ou consultar as súas características asociadas. Actualmente, o código de barras está implantado masivamente de forma global.

A correspondencia ou mapeo entre a información e o código que a representa denomínase simboloxía. Estas simboloxías poden ser clasificadas en dous grupos atendendo a dous criterios diferentes:

  • Continua ou discreta: os caracteres nas simboloxías continuas comezan cun espazo e no seguinte comezan cunha barra (ou viceversa). Con todo, nas simboloxías discretas, estes comezan e terminan con barras e o espazo entre caracteres é ignorado, xa que non é o suficientemente ancho.
  • Bidimensional ou multidimensional: as barras nas simboloxías bidimensionais poden ser anchas ou estreitas. Con todo, as barras nas simboloxías multidimensionais son múltiplos dunha anchura determinada (X). Desta forma, empréganse barras con anchura X, 2X, 3X, e 4X.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira patente de código de barras foi rexistrada en outubro de 1952 (US Patent #2,612,994) polos inventores Joseph Woodland, Jordin Johanson e Bernard Silver en Estados Unidos. A implementación foi posible grazas ao traballo dos enxeñeiros Raymond Alexander e Frank Stietz, o resultado do seu traballo foi un método para identificar os vagóns do ferrocarril utilizando un sistema automático. Non foi ata 1966 que o código de barras comezou a utilizarse comercialmente e non foi un éxito comercial ata 1980.

Nomenclatura básica[editar | editar a fonte]

  • Módulo: é a unidade mínima ou básica dun código. As barras e espazos están formados por un conxunto de módulos.
  • Barra: o elemento escuro dentro do código. Faise corresponder co valor binario 1.
  • Espazo: o elemento claro dentro do código. Faise corresponder co valor binario 0.
  • Carácter: formado por barras e espazos. Normalmente correspóndese cun carácter alfanumérico.

Estrutura[editar | editar a fonte]

EAN13.svg
  • Prefixo (no exemplo, 59): dous díxitos que indican a entidade codificadora. En España adoita sero 84, código asignado á AECOC pola EAN Internacional, pero a presenza dese prefixo 84 non indica necesariamente que o produto fose elaborado en España, senón que a empresa que o fabricou está controlada por AECOC e utiliza o seu código. Tampouco a presenza doutro prefixo significa que estea elaborado fóra de España.
  • Código da empresa fabricante (no exemplo, 01234): identifica o propietario da marca, non necesariamente a empresa fabricante. O propietario da marca é quen decide a marca comercial que identifica o produto, a presentación comercial etc.
  • Código do produto (no exemplo 12345): referencia que identifica exactamente o produto etiquetado (artigo, presentación, peso ou capacidade etc.) O sistema adxudica a cada empresa un abano de 100.000 referencias diferentes).
  • Díxito de control (no exemplo, 7): díxito calculado automaticamente mediante un algoristo predeterminado. Asegura que non se produciu un erro na impresión dos díxitos anteriores.