Cámara anecoica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fotografía dunha cámara anecoica.

Unha cámara anecoica é unha sala especialmente deseñada para absorber o son que incide sobre as paredes, o chan e o teito da mesma, anulando os efectos de eco e reverberación.

O son é unha onda que transmite enerxía mecánica a través dun medio material como un gas, un líquido ou un obxecto sólido. Desta forma, cando unha onda sonora incide sobre unha superficie dáse un efecto de reflexión. Na natureza dáse este fenómeno en calquera medio, agás no baleiro, onde o son non se pode propagar, e o froito das reflexións son os efectos de reverberación e eco.

Deseño da cámara anecoica[editar | editar a fonte]

A sala anecoica está deseñada para reducir, na medida do posible, a reflexión do son. As cámaras anecoicas están illadas do exterior e constan dunhas paredes recubertas con cuñas en forma de pirámides ou prismas coas bases das mesmas apoiadas sobre a parede, construídas con materiais que absorben o son e aumentan a dispersión do escaso son que non se absorbe. Entre estes materiais están a fibra de vidro ou espumas.

Cámaras anecoicas de radiofrecuencia[editar | editar a fonte]

As cámaras anecoicas de radiofrecuencia son recintos cunha blindaxe metálica nas paredes, a modo de gaiola de Faraday e forradas con material absorbente de radiofrecuencia no seu interior (distinto ao material absorbente acústico), a fin de illar de interferencia externa e simular condicións de espazo libre no interior. Estas cámaras de RF teñen múltiples aplicacións no campo das telecomunicacións, utilizándose para levar a cabo a medición de parámetros involucrados en comunicacións móbiles, fixas, satelitais ou incluso aeronáuticas. Medicións comúns son a taxa de absorción específica (SAR, Specific Absortion Rate) dos terminais móbiles, ou o deseño e caracterización de elementos radiantes tales como antenas e dipolos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]