Bryan, Texas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Bryan

Bryan é unha cidade, sede do condado de Brazos no estado de Texas, Estados Unidos. O lema da cidade é The Good Life, Texas Style.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Bryan localízase preto do centro xeográfico do condado, a 150 km ao noroeste de Houston, 270 km ao nordeste de San Antonio e case á mesma distancia ao sur de Dallas. A cidade ten unha área total de 112,3 km², dos cales 0,2 km² corresponden a augas.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Bryan enlaza coas autoestradas 6, 21 e 190 e as estradas 158, 1179, 1687 e 1688, tamén ten conexións co Missouri Pacific Railroad e co Southern Pacific Railroad.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo do ano 2000 vivían na cidade 65.660 persoas en 23.759 domicilios con 14.873 familias. A densidade de poboación era de 584,9 habitantes por km². A composición étnica da poboación era a seguinte, 64,65% brancos, 17,72% afroamericanos, 0,40% nativos americanos, 1,65% asiáticos, 0,08% polinesios e melanesios e 13,32% doutros grupos étnicos. Aproximadamente 2,17% eran de ascendencia mixta e 27,83% da poboación era hispana. Dos 23.759 domicilios, 32,3% tiñan nenos con menos de 18 anos que vivían no seo da familia. 44,2% eran casados ou en cohabitación. 14,0% eran nais solteiras e 37,4% non tiñan familia. O 26,1% de todas as familias estaban formadas por un só individuo e no 7,7% das familias vivían persoas con 65 anos ou máis. A media dos habitantes de cada casa era de 2,65 e a media do tamaño das familias de 3,27 persoas. O 27,0% da poboación era de menos de 18 anos, 18,1% de 18 a 24, 29,8% de 25 a 44, 15,8% de 45 a 64, e 9,3% nos 65 anos ou máis . A idade media era de 28 anos. Por cada 100 mulleres había 99,2 homes. Por cada 100 mulleres de máis de 18 había 95,7 homes. O rendemento medio anual de cada núcleo familiar era de 31.672 dólares, e a renda familiar media de 41.433 dólares. Os homes tiñan unha renda media de 29.780 dólares e as mulleres de 22.428 dólares. A renda per cápita ascendia a 15.770 dólares. 22,3% da poboación e 15,5% das familias vivían debaixo da liña da pobreza, destes, 27,0% eran nenos e adolescentes con menos de 18 anos e 11,7% tiñan 65 anos ou máis.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros colonos na zona establecéronse por volta de 1820 financiados por Stephen F. Austin, en 1865 cando se construía a Houston & Texas Central Railroad William Joel Bryan, sobriño de Austin, financiou a construción dunha nova cidade, á que lle deron na súa honra o seu nome en 1872. En 1884 tiña 3000 habitantes e en 1889 comezou a electrificación e a construción dunha rede de suministro de auga. En 1900 Bryan estaba conectada a un segundo ferrocarril, International-Great Northern Railroad e a poboación chegaba aos 3589 habitantes. Ao longo dos seguintes anos, o número de residentes continuou a aumentar: 4132 (en 1910), 6307 (en 1920), 7814 (en 1930) e 11.842 (en 1940).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]