Bristol Type 159

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bristol Type 159
Tipobombardeiro pesado
FabricanteBristol Aeroplane Company
Estadocancelado
Principais usuariosRoyal Air Force

O Bristol Type 159 foi un deseño británico dun bombardeiro pesado catrimotor realizado por Bristol Aeroplane Company. Construíuse unha maqueta, pero o proxecto cancelouse e non se chegou a fabricar ningún avión.[1]

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

En marzo de 1939 o Ministerio do Aire británico emitiu a especificación B.1/39 para un bombardeiro pesado para substituír os Avro Manchester, Short Stirling e Handley Page Halifax. Bristol enviou o Type 159, ás veces coñecido como Beaubomber, que era un monoplano de á baixa cunha cola dobre, usando principalmente compoñentes usados polo Bristol Beaufort. Tiña un tren de aterraxe en triciclo e toda a súa carga de 6 800 kg de bombas dentro da parte interior das ás. Catro Bristol Hercules foron os motores propostos coa posibilidade de intercambialos por Rolls-Royce Griffon. A tripulación, agás o bombardeiro, estaría aloxada nunha estrutura monocasco blindada cunha torreta dorsal e outra ventral. Escolléronse os deseños do Type 159 e do Handley Page HP.60, unha variante do Halifax, e a intención era pedir dous prototipos de cada un para avalialos. O Type 159 pasou polo túnel de vento para probar a súa estabilidade e baixa resistencia e co deseño ben avanzado unha maqueta a tamaño real estivo lista a principios de 1940.[1]

Pretendíase construír un avión a media escala para probas de voo, pero co Ministerio de Produción Aeronáutica concentrándose na produción de cazas, detivéronse os traballos no Type 159 e a maqueta desmontouse en maio de 1940.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Barnes 1988, pp. 308-311

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barnes, Chris, ed. (1988). Bristol Aircraft since 1910. London: Putnam. ISBN 0 85177 823 2.