Bonifacio Bembo
Bonifacio Bembo, nado en Brescia, Lombardia, foi un pintor e miniaturista italiano do século XV, activo entre 1447 e 1477.
Traxectoria [editar]
Formouse no gótico serodio pero o seu estilo viuse influenciado polo primeiro Renacemento e polas ideas neoplatónicas de Gemistus Pletho. As súas obras comprenden os frescos da igrexa de Santo Agostiño en Cremona e os retratos de Francesco I Sforza e da súa dona Bianca Maria Visconti (ámbolos dous datados en 1462), e conservados na Pinacoteca di Brera de Milán.
Tamén pintou o claustro de La Colomba en Cremona e Bembo é xeralmente considerado o autor das famosas barallas de tarot Visconti-Sforza realizadas para o duque de Milán Filippo Maria Visconti e Francesco Sforza, onde o simbolismo reflicte o interese de Bembo polo neoplatonismo.
A súa morte dátase en 1498[1], mais outras fontes sitúana antes de 1482 [2].
Foi o irmán de Benedetto Bembo e tío de Giovanni Francesco Bembo, os dous pintores igualmente.