Blowin' in the Wind

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Blowin' in the Wind"
sinxelo de Bob Dylan
do álbum The Freewheelin' Bob Dylan
Lanzamento agosto de 1963
Formato 7"
Gravada 9 de xullo de 1962
Xénero musical folk
Duración 2:48
Discográfica Columbia Records
Produtor(es) John H. Hammond
Escritor(es) Bob Dylan
Cronoloxía
"Mixed Up Confusion" "Blowin' in the Wind" "The Times They Are a-Changin'"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Blowin' in the Wind" é unha canción do músico estadounidense Bob Dylan, composta en 1962 e publicada no seu álbum The Freewheelin' Bob Dylan de 1963. Aínda que foi descrita como unha canción protesta, plantexa unha serie de preguntas retóricas sobre a paz, a guerra e a liberdade.

No ano 1994 a canción entrou no Grammy Hall of Fame, e no 2004 foi colocada no número 14 na lista da revista Rolling Stone das "500 mellores cancións de todos os tempos".

"Blowin' in the Wind" foi versionada por centos de artistas. A versión máis exitosa comercialmente é a do trío folk Peter, Paul and Mary, editada en xuño de 1963, tres semanas despois do lanzamento de The Freewheelin' Bob Dylan. Esta chegou a acadar o número 2 das listas da Billboard.