Bizkaia Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bizkaia Arena
Bizkaia Arena Supercopa España 2007.jpg
Flag of the Basque Country.svg Bilbao Exhibition Centre
Datos
Localización Barakaldo, Biscaia
Inauguración 2004
Capacidade 10.400 espectadores
Localía CB Bilbao Berri (ACB)
Eventos
  • Copa do Rei de Baloncesto 2010
  • Mundial de baloncesto 2014

O Bizkaia Arena é un pavillón multiusos situado no complexo Bilbao Exhibition Centre, en Barakaldo, Biscaia (Euskadi). É o maior pavillón de usos múltiples en España, xa que pode albergar até 26.000 persoas,[1] 18.640 para a maioría dos deportes de interior. Forma parte do Complexo Bilbao Exhibition Centre (BEC), a Feira de Mostras de Bilbao.

Índice

[editar] Usos

O lugar é escenario habitual de partidos de baloncesto, contando cunha capacidade para este deporte de 10.400 espectadores. Dende 2009, é o o fogar do Bilbao Basket (en 2007 e 2008, utilizouse en diversas ocasións para os encontros máis atractivos). O pavillón será sede da fase final da Copa do Rei de Baloncesto 2010, e será unha das sedes do Mundial de Baloncesto 2014. Varios grupos internacionais de música realizaron concertos no Bizkaia Area, incluíndo Bryan Adams (2005), The Who (2006), Bruce Springsteen (2007), AC/DC (Black Ice World Tour, 2009), Leonard Cohen (2009), Jonas Brothers (2009), Rammstein (2009) ou Chuck Berry. O recinto tamén foi utilizado para outro tipo de espectáculos como ópera,, discursos políticos e reunións relixiosas.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas