Billón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En Europa e gran parte de América Latina, un billón equivale a un millón de millóns, ou 1012.

Nos Estados Unidos e no Brasil, ten o significado de mil millóns, ou 109. É o que se entende en gran parte de Europa como millardo. Hai máis linguas nas que tamén ten ese significado, tales como na lingua grega e na turca; o inglés británico mantivo a denominación tradicional ata hai pouco.

Esta diferenza de significado provoca que se cometan erros ó traducir artigos do inglés ou do portugués do Brasil. Incluso un británico pode non saber se un texto en inglés fala de "mil millóns" ou un "millón de millóns". O mesmo erro de comprensión xorde cando se fala de números máis elevados, tal como o trillón.

Un billonario é un individuo que posúe unha fortuna accesible de ó menos un billón dalgunha divisa (normalmente, en dólares).

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas