Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrada á Biblioteca Pública Municipal 'El Viejo Pancho' de Ribadeo
Entrada á Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo.

A Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho é a biblioteca de referencia de Ribadeo, integrada na rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

Nomeada como BPM El Viejo Pancho no 1957,[1][2] recolle fondos anteriores. No 1927 fusionáranse a Biblioteca do Ateneo, datada de 1915, e a Biblioteca Popular Circulante, nada ese mesmo ano. A biblioteca resultante clausurouse no 1936, queimándose algúns libros durante a guerra civil. Abriu as portas de novo en 1941 na rúa San Francisco nº 3, incorporando algunha doazón particular, e pasando logo ós baixos da casa consistorial. Ditas instalacións foron criticadas nos xornais da época por inadecuadas.

Co novo nome pasou tamén a ter a súa sede nos baixos dun edificio emblemático, a Torre dos Moreno, e desenvolvendo a súa actividade arroupada pola Asociación de Amigos da Biblioteca, Socios Protectores, pedindo libros ás embaixadas etc. Nese local estivo 38 anos. Pola deterioración da Torre dos Moreno, en 1995 pasou de xeito provisional a un local na casa do concello, e logo de rematadas as obras de acondicionamento ó Patín (novembro de 1996, aínda que non foi inaugurada de xeito oficial ata o 14 de outubro de 1997),[3] no edificio da antiga escola de náutica, que ocupa na actualidade (rúa Antonio Otero 17, 2024).

Foi o seu primeiro bibliotecario Leonardo Fernández Reinante,[4] pasando logo a selo Mª Jesús Rañón. Dende 2023 ocupa o posto Mónica Martínez Martínez.[5]


Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. AAVV (2007). 50 aniversario. Biblioteca Municipal 'El Viejo Pancho'. Ribadeo. Concellería de Cultura. Excmo. Concello de Ribadeo. 
  2. "Biblioteca". Concello de Ribadeo. Consultado o 2024-01-20. 
  3. Fotocopia-resume informativa sobre a historia da biblioteca.
  4. agremon, Publicado por. "LEONARDO FERNÁNDEZ- REINANTE: Músico e compositor ribadense. Por Celia Castro". Consultado o 2024-01-20. 
  5. "Sede Electrónica de Ribadeo". ribadeo.sedelectronica.gal. Consultado o 2024-01-20.