Beriev A-50

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beriev A-50
Tiposistema aéreo de alerta e control
FabricanteBeriev
Primeiro voo19 de decembro de 1978
Introducido1985
Principais usuariosForza Aérea de Rusia
Forza Aérea da India
Produción1978 - 1992
Unidades construídasuns 40

O Beriev A-50 (designación OTAN: Mainstay) é un sistema aéreo de alerta e control (AEW&C) de orixe soviética baseado no avión de transporte Ilyushin Il-76. Desenvolvido para substituír ao Tupolev Tu-126 "Moss", o A-50 voou por vez primeira en 1978.[1] A súa existencia foi revelada ao Bloque Occidental en 1978 por Adolf Tolkachev.[2] Entrou en servizo en 1985, fabricándose unhas 40 unidades ata 1992.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Уголок неба ¦ Бериев А-50". www.airwar.ru. Consultado o 2024-04-07. 
  2. Hoffman, David E. (May 2016). "Epilogue | A Note On The Intelligence". The Billion Dollar Spy: A True Story of Cold War Espionage and Betrayal (First ed.). New York City: Doubleday. pp. 525–532. ISBN 978-0-385-53760-5