Batalla de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O 26 de febreiro de 1266, a batalla de Benevento (Italia) enfrontou os sicilianos de Manfredo de Honhenstaufen ós franceses de Carlos I de Anjou, que sairon victoriosos.

Carlos de Anjou era o elixido do papa contra os Hohenstaufen, dinastía reinante en Sicilia. Despois de ter conquistado o mosteiro de Monte Casino, a coalición dos anxevinos dirixiuse cara Benevento, onde Manfredo, rexente do seu sobriño Conradino, reunira as súas tropas.

As forzas anxevinas contaban con 25.000 homes dos que 6.000 eran cabaleiros e sarxentos da cabalo, 600 pares da cabalo, e aínda unha infantería de provenzais, auverñeses, champañóns, gascóns, bretóns, valóns e continxentes de milicias italianas. Manfredo reunira unha tropa de polo menos 5.000 ou 6.000 mercenarios árabes, de 3.000 a 4.000 cabaleiros árabes e bérberes, 1.000 cabaleiros alemáns e uns 1.000 mercenarios toscanos e lombardos.

Pola mañá, os anxevinos póñense en formación na chaira da outra beira do Calore, río que bordea a cidade de Benevento. Manfredo aceptou o combate pero a saída das súas tropas foi ralentizada pola xente alborotada na cidade.

De feito, cando a súa primeira liña musulmana entrou en combate, as súas tropas alemás non cruzaran o Calore e eles mesmos aínda estaban dentro da cidade. Nun primeiro momento, os musulmáns sobrepasaron a primeira liña anxevina, composta pola infantería, que non tardaron en caer. Os musulmáns precipitáronse a masacralos.

Nese momento a tropa dos provenzais, comandada polo mariscal de Mirepoix e Philippe de Montfort, cargará contra os musulmáns e venceráos. Mentres tanto, os alemáns de Manfredo, no medio da batalla, contraatacaron ós provenzais adoptando unha formación de ángulo. Manfredo aínda non pasara a ponte sobre o Calore.

Carlos de Anjou ordenará asaltar á súa tropa, derrotando o flanco dos alemáns. Ante a derrota dos seus derradeiros homes, as forzas sicilianas de Manfredo repréganse tras a ponte. E como os anxevinos non se moveron da súa posición, el non puido xuntar máis que unhas poucas centenas de homes máis ou menos ilesos. Manfredo foi masacrado alí mesmo.

Esta batalla porá o Reino de Sicilia baixo poder anxevino. Pero, en 1268, deberá enfrontarse a Conradino na batalla de Tagliacozzo e, 15 anos despois, perdido o apoio do papa, será expulsado de Sicilia nas vésperas sicilianas.