Basilisco, Emperador
Basiliscus, morto en 466 ou 477, foi emperador romano de Oriente entre o 475 e o 476.
Basilisco é o irmán de Verina, muller do emperador León I que morre en 474. Primeiro noméano xeneral en Tracia, despois confíaselle en 468 o mando dunha flota dirixida contra os vándalos de África de Xenserico, autores do saqueo de Roma de 455. Sofre unha derrota desastrosa na que a súa flota fica decimada.
Á morte de León II, Basilisco aproveita a impopuilaridade do novo emperador e obtén o apoio dun xeneral chamado Ilo, grazas ao cal vence a Zenón I en 475. Pero tamén el se volve impopular, especialmente polas súas conviccións monofisitas, e tras menos de dous anos de reinado, Basilisco é vencido á súa vez por Zenón e Ilo en 476, tras mudar este último de opinión. Capturado e encerrado nunha torre en Capadocia, morreu de fame nela en 477.
Ligazóns internas [editar]
| Imperio Romano | ||
|---|---|---|
Segue a: Zenón, Emperador |
Basilisco, Emperador | Precede a: Zenón, Emperador |
| dinastía de León | ||