Bandeira de Montana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Montana.

A bandeira de Montana consiste na imaxe do selo do estado centrado nun espazo azul. Dentro do selo hai un arado, un pico e unha pa fronte do Great Falls do río Missouri. Unha tira contén o lema do estado: "Oro y plata" (en galego: "Ouro e prata"). A actual bandeira foi adoptada en 1905, e a palabra "Montana" púxose encima do selo no 1981. En 1985, a bandeira foi modificada novamente para especificar a fonte usada en "Montana". Antes de ser adoptada como a bandeira do estado, foi usada por tropas de Montana dispostas para o combate na Guerra Hispano-Americana.