Selo de Montana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Gran Selo do Estado de Montana.

O Gran Selo do Montana é un dos símbolos deste estado, e foi aprobado en 1865, cando Montana era un Territorio dos Estados Unidos. Tras converterse en estado en 1889, decidiuse utilizar o mesmo selo.[1] En 1891, fixéronse propostas para intentar cambios ou adoptar un novo selo, aínda que sen chegar a ningún éxito. A coroa circular do selo contén o texto The Great Seal of the State of Montana (O Gran Selo do Estado de Montana). O círculo interior contén unha pa, un pico e un arado, simbolizando a Montana agrícola e mineira. O estandarte na parte inferior mostra o lema de Oro Y Plata, en español, se ben se considerou mudalo polo de Eldorado.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Montana Secretary of State's. "About the State Seal". http://sos.mt.gov/About_Office/State_Seal.asp. Consultado o 10 de setembro de 2011.