Bandeira da Confederación Iroquesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da Confederación Iroquesa
Bandeira da Confederación Iroquesa
Características
Uso
Proporción3:5
Adopcióndécada de 1980
Cores     Púrpura      Branco

A bandeira da Confederación Iroquesa ou Haudenosaunee é a bandeira adoptada para representar as seis nacións de Haudenosaunee. O seu deseño componse dun fondo de cor púrpura con catro cadrados brancos e un piñeiro branco no centro.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Na década de 1980, o equipo nacional masculino Iroquois Nationals de lacrosse precisaba unha bandeira para unha competición con Australia para representar a Haudenosaunee como entidade independente. Rick Hill, un artista escritor e educador tuscarora asociouse co equipo de lacrosse, e traballou xunto con Harold e Tim Johnson (pai e fillo mohawk de North Tonawanda, Nova York) para crear o deseño. Harold Johnson rexentaba unha tenda de camisetas en Niagara Falls, Nova York e o seu fillo Tim Johnson era estudante na Universidade de Buffalo. O borrador orixinal de Hill foi inspirado polo onondaga Oren Lyons e adaptado polos Johnson. O equipo de lacrosse aceptou o deseño e máis tarde converteuse nun símbolo para Haudenosaunee.[2]

Simbolismo[editar | editar a fonte]

Cinto de Hiawatha.

O deseño da bandeira baséase no cinto de Hiawatha, un símbolo que se remonta á unión orixinal das cinco tribos de Haudenosaunee.[1] O cinto de wampum era un símbolo de unidade entre as cinco (e despois seis) tribos iroquesas durante centos de anos antes da súa adaptación para o seu uso como bandeira.[3]

O violeta considérase a "cor dos iroqueses" xa que é a cor derivada das cunchas dos moluscos empregadas na elaboración do wampum.[2] Os catro cadrados e a árbore representan cada unha das cinco nacións orixinais de Haudenosaunee. De esquerda a dereita son: os seneca, os cayuga, os onondaga (a árbore), os oneidas e os mohawk.[4] A súa colocación na bandeira reflicte a súa localización xeográfica.[4] A árbore de piñeiro branco orienal tamén representa a Árbore da paz dentro da nación onondaga, onde as cinco nacións se uniron para formar Haudenosaunee.[4] Convenientemente, as agullas do piñeiro branco oriental están agrupadas en grupos de cinco.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Hiawatha Belt". Onondaga Nation (en inglés). 2014-06-18. Consultado o 3 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Kirst, Sean (2016-09-23). "In Niagara-on-the-Lake, native flag born in Buffalo raised as sign of peace". The Buffalo News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2021. Consultado o 3 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Iroquois Confederacy (U.S. and Canada)". www.crwflags.com. Consultado o 2021-03-03. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Wampum & Wampum Belts". Ganondagan. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2012. Consultado o 3 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]