Ba (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ba.

Ba é un concepto da mitoloxía exipcia que designan os distintos componentes espirituais da alma humana ou aspectos da personalidade. Tradúcese frecuentemente como "alma". O ba está asociado á divindade e ao poder e os deuses teñen varios bas. Designa tamén a capacidade para tomar diferentes manifestacións, que son tamén, pola súa vez, bas, como o touro Apis de Ptah. O ba ten forma de ave con cabeza humana e o do difunto pódese mover libremente no mundo inferior e retornar á terra.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas