Bañeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bañeira pequena con billas e ducha.

Unha bañeira é unha peza fixa de fontanaría utilizada para bañarse. A maior parte das bañeiras modernas están feitas de fibra de vidro ou acrílica, aínda que tamén as hai feitas de porcelana, louza, aceiro, ferro fundido e mesmo de madeira (tradicionalmente en Xapón). A bañeira atópase normalmente no cuarto de baño, xa sexa como unha peza autónoma ou en conxunción cunha cabina de ducha.

Tradicionalmente, a maioría das bañeiras eran aproximadamente rectangulares, aínda que coa chegada das bañeiras acrílicas, existen máis formas posíbeis. Case sempre son brancas, aínda que tamén as hai noutras cores. As bañeiras modernas contan cunha talla e poden ter ou non billas montadas sobre elas. Ademais, poden ser encaixadas, libres ou mergulladas sobre un habitáculo deseñado a tal efecto.