Axencia Comunitaria de Control da Pesca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Axencia Comunitaria de Control da Pesca (Community Fischeries Control Agency).

A Axencia Comunitaria de Control da Pesca tamén chamada Axencia Europea de Pesca é unha axencia da Unión Europea creado en 2005 de carácter técnico e administrativo. O seu presidente é o portugués Marcelo de Vasconcelos e o director executivo o nerlandés Harm Koster. A axencia ten a súa sede en Vigo.

Obxectivo[editar | editar a fonte]

Sede na Avenida de García Barbón n.º 4, Vigo.

A misión da axencia é mellorar o cumprimento da política pesqueira común, conforme a súa última reforma de 2002, ao unificar os criterios de control e inspección dos caladoiros que seguían cada un dos estados membros. Depende polo tanto da Dirección Xeral de Pesca e Asuntos Marítimos da Unión Europea, que é o órgano político, mentres que a axencia é só o órgano técnico e administrativo.

Tamén depende desta Dirección Xeral a Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA).

Funcións[editar | editar a fonte]

A axencia ten como función coordinar as políticas dos estados membros da Unión Europea no que respecta o control dos caladoiros. Iso inclúe dende organizar o despregamento dos medios seguindo unha estratexia común ata formar inspectores de caladoiros, fornecer equipos técnicos e promover a creación de grupos de inspectores que mesturen diversas nacionalidades.

A axencia actuará tanto en terra como dentro das 200 millas de augas territoriais, pero tamén en alta mar (augas internacionais) e nas augas dos países terceiros se se chegase a un determinado acordo.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Ten un consello de administración composto por 33 persoas, e mais os seus 33 asistentes, dos cales 6 representan a Comisión Europea e 27 de cada un dos estados membros, teñan ou non perímetro costeiro marítimo. O consello de administración elabora o programa de traballo, aproba o orzamento e elixe o director executivo. O 14 de xuño de 2006 foi elixido para o cargo o neerlandés Harm Koster.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Axencia Comunitaria de Control da Pesca Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Flag of Europe.svg Axencias da Unión Europea
Control da PescaCalidade de vida e de traballoCamiños de ferroDereitos fundamentaisDrogasEnfermidadesFormaciónFormación profesionalFronteiras exterioresIgualdade de xéneroMedio ambienteMenciñasMercado interiorNavegación por satéliteProdutos químicosReconstruciónAxencia Europea de Seguridade AéreaSeguridade alimentariaSeguridade laboralSeguridade marítimaSeguridade das redesTraduciónVariedades vexetais
Axencia Europea de DefensaInstituto Europeo de Estudos verbo da SeguridadeCentro da Unión Europea para os Satélites
Instituto da Policía EuropeaEuropolEurojust