Avelino Alonso Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAvelino Alonso Rivas
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor em Wikidata (122/123 anos)
A Devesa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolicía municipal Editar o valor em Wikidata

Avelino Alonso Rivas, nado na Devesa (Tomonde, Cerdedo-Cotobade) cara a 1901, foi un garda municipal galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Sabucedo. Foi destinado como garda municipal do Concello de Lavadores en abril de 1928.[1] Simpatizante do PSOE. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia ao movemento militar en Lavadores. Xulgado o 27 de xullo de 1936, foi declarado en rebeldía. Andou fuxido durante case dous anos no monte e na casa de Manuel Gil Corbal, en Laxoso, onde, logo da denuncia do falanxista de Cerdedo Francisco Buján, foi detido pola garda civil e falanxistas de Sabucedo en decembro de 1938.[2] Trasladado ao cuartelillo de Cerdedo foi torturado. Xulgado en consello de guerra o 21 de xaneiro de 1939 foi condenado a 12 anos de prisión, que pasou nas cadeas de Vigo e Pontevedra, da que saíu en liberdade condicional en novembro de 1941.[3] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xullo de 1940.[4][5] En 1945 seguía en liberdade vixiada.[6] Polas penalidades que soportou, sufriu graves secuelas sicolóxicas. En 1978 afiliouse de novo á Agrupación Socialista de Cerdedo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia Nueva, 26-4-1928, p, 3.
  2. El Compostelano, 4-1-1939, p. 2.
  3. BOE, 18-11-1941, p. 9016.
  4. El Pueblo Gallego, 31-7-1940, p. 2.
  5. BOE, 23-6-1943, p. 2296.
  6. El Pueblo Gallego, 30-1-1945, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]