Atol Marutea Sur
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Marutea Sur | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2002) | 178 hab. |
| Superficie | 14 km² |
| Superficie lagoa | 112 km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 21°30′S 135°35′W / 21.5°S 135.583°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Marutea é un atol situado ao sur das Tuamotu, a 1.400 km ao sueste de Tahití. Chámase coa orientación sur para distinguilo de Marutea Norte, tamén nas Tuamotu na comuna de Makemo. Administrativamente depende da comuna de Gambier.
Xeografía [editar]
A superficie total é de 14 km ², cunha lagoa de 112 km². Esta deshabitado e é visitado ocasionalmente por pescadores de perlas. En 1984 foi comprado por Robert Wan, o principal comerciante de perlas negras das Tuamotu. En 1993 construiu un aeródromo privado.
Historia [editar]
Foi descuberto por Pedro Fernández de Quirós, o 4 de febreiro de 1606, e chamouno «San Telmo», «San Blas» ou «Corral de Agua». Explorado por Edward Edwards, no 1791 mentres buscaba aos amotinados do Bounty, chamouno Lord Hood.