Atol Amanu
| Amanu | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 163 hab. |
| Superficie | 10 km² |
| Superficie lagoa | 240 km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 17°43′S 140°39′W / 17.717°S 140.65°WCoordenadas: 17°43′S 140°39′W / 17.717°S 140.65°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Amanu é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Forma unha comuna asociada á comuna de Hao. Está situado no centro e ao leste do arquipélago, a 15 km ao norte de Hao.
Xeografía [editar]
O atol ten unha forma ovalada, de 29 km de longo e 10 km de ancho. A superficie total é de 28 km². A lagoa dispón de tres pasos ao oeste. Ao leste hai uns perigosos escollos para a navegación. A vila principal é Ikitake e a poboación total era de 163 habitantes no censo de 2007. Non dispón de infraestruturas significativas.
Historia [editar]
Amanu foi descuberto a vixilia de Todos Santos de 1774, por José Andía y Varela que o chamou Illa das Ánimas. Foi cartografiado por Bellinghausen en 1820, baixo o nome de Moller Island. Tamén se coñeceu co nome de Freycinet.
En 1929 atopáronse os canóns da caravela española San Lesmes perdida en 1526. Era a segunda expedición española ás Molucas comandada por García Jofre de Loaisa. Ao saír do estreito de Magalláns a caravela San Lesmes perdeuse no Pacífico. O investigador australiano Robert Langdon mantén que a caravela encalló en Amanu, os tripulantes sobreviviron e influíron na cultura das illas veciñas. No ano 2000 atopáronse os restos do HMS Hercules, perdido en 1821.