Atalarico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Atalarico, nado no ano 516 e finado o 2 de outubro de 534, foi rei dos ostrogodos do 526 ao 534, como sucesor do seu avó materno Teodorico o Grande.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Eutarico (morto en 522) e de Amalasunta, quen controlou o reino durante un período cando el era moi novo. Non soportando a rexencia dunha muller, nin a educación romana fornecida ao raparigo, nin o tratamento obsequioso de Amalasunta en relación a Bizancio, así como tampouco o seu espírito conciliador cos romanos, a nobreza gótica decide quitarlle o fillo e educalo segundo os costumes do seu pobo.

O mozo, con todo, non resistiu iso e morreu. Entón Amalasunta, que quería conservar o poder, casou con Teodato, duque de Tuscia e un dos xefes do partido nacional. Este, no entanto, exiliouna a unha illa do lago de Bolsena, onde a fixo renunciar ao reino.