Arvika

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 59°39′N 12°37′E / 59.650°N 12.617°E / 59.650; 12.617 Arvika é un concello de Suecia, cobre 1659 km² e ten 26.250 habitantes, dos que 14.000 viven na cidade de Arvika. Está situada entre o lago Vänern e Noruega, na provincia de Värmland.

Historia[editar | editar a fonte]

A dez quilómetros ao oeste da cidade en Bergs Klätt, hai restos de asentamentos da Idade de Pedra e da Idade de Bronce.
Arvika mantívose como unha pequena vila, en 1811 deuselle estatuto de cidade co nome de Oscarsstad para dinamizar economicamente a rexión, pero non tivo éxito e os privilexios de cidade foron revocados en 1821, permanecendo como köping (vila) co nome de Arvika, en 1911 outorgouselle de novo o título de cidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]