ASG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Arquivo sonoro de Galicia")

ASG é o acrónimo do Arquivo Sonoro de Galicia, creado polo Consello da Cultura Galega e dispoñible en rede. Trátase en realidade de parte das inxentes gravacións realizadas por investigadores galegos dende 1974, embarcados en proxectos de moi diversa tipoloxía: traballos de carreira, investigacións para o Atlas Lingüístico Galego, tesiñas e teses, etc. Parte destes etnotextos foran xa publicados por Francisco Fernández Rei e Carme Hermida no ano 1996 en tres CD (correspondentes ós tres bloques lingüísticos do galego) no audiolibro A Nosa Fala.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]