Ares Galaxy
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ares (homónimos).
Captura de pantalla de Ares Galaxy, versión 2.0.0 (Sección de busca) |
|
| Desenvolvedor: | SourceForge (software libre) |
| Última versión: | () |
| Sistema operativo: | Windows |
| Xénero: | P2P |
| Licenza: | GPL |
| En galego: | Non |
| Sitio web: | aresgalaxy.sourceforge.net |
Ares Galaxy é un programa de intercambio de arquivos peer-to-peer.
[editar] Características
O seu creador descríbeo como similar a Kazaa. Inicialmente Ares usaba a rede Gnutella, pero seis meses despois da súa creación, comezou a empregar a súa propia rede.
Hai varias razóns polas que a xente prefire o Ares Galaxy sobre outras redes coma Kazaa ou Gnutella. Os defensores do programa din que ten unha maior velocidade de descarga, non ten spyware nin adware, e posúe un eficiente e rápido sistema de busca. Ares tamén posúe a opción adicional das salas de chat. E, ó contrario que Kazaa, non está sendo perseguido pola RIAA (Recording Industry Association of America).