Apogónidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apogon leptacanthus

Os Apogónidos (Apogonidae) son unha familia de peixes mariños e de augas salobres, incluída na orde dos Perciformes. Salvo excepcións son preferentemente tropicais.

Características[editar | editar a fonte]

Son peixes de pequeno tamaño, que non adoitan sobrepasar os 10 cm de lonxitude. Liña lateral completa. Escamas normalmente ctneoideas, pero nalgúns casos cicloideas, adoito caedizas. Cabeza grande e uns ollos moi grandes. Boca oblicua e premaxilar protráctil. Opérculo debilmente espiñoso.

Escalas usualmente ctenoides; varios grupos con escamas cicloides (ausente en Gymnapogon).

Teñen dúas aletas dorsais da mesma lonxitude pero a primeira é máis baixa que a segunda; a primeira con 6-8 espiñas e a segunda cunha espiña e 8-14 radios brandos. Anal curta, con 8-18 radios brandos.

En tódolos apogónidos os machos incuban as crías dentro da boca. Case tódalas especies son de hábitos nocturnos. Aliméntanse de zooplancto e pequenos invertebrados bentónicos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en dúas subfamilias, con 24 xéneros e 337 especies:

  • Subfamilia Apogoninae:
    • Xénero Apogon (Lacépède, 1801)
    • Xénero Apogonichthys (Bleeker, 1854)
    • Xénero Archamia (Gill, 1863)
    • Xénero Astrapogon (Fowler, 1907)
    • Xénero Cercamia (Randall y Smith, 1988)
    • Xénero Cheilodipterus (Lacépède, 1801)
    • Xénero Coranthus (Smith, 1961)
    • Xénero Foa (Jordan y Evermann en Jordan y Seale, 1905)
    • Xénero Fowleria (Jordan y Evermann, 1903)
    • Xénero Glossamia (Gill, 1863)
    • Xénero Holapogon (Fraser, 1973)
    • Xénero Lachneratus (Fraser y Struhsaker, 1991)
    • Xénero Mionorus
    • Xénero Neamia (Smith y Radcliffe en Radcliffe, 1912)
    • Xénero Phaeoptyx (Fraser y Robins, 1970)
    • Xénero Pterapogon (Koumans, 1933)
    • Xénero Rhabdamia (Weber, 1909)
    • Xénero Siphamia (Weber, 1909)
    • Xénero Sphaeramia (Fowler y Bean, 1930)
    • Xénero Vincentia (Castelnau, 1872)
    • Xénero Zoramia
  • Subfamilia Pseudaminae:
    • Xénero Gymnapogon (Regan, 1905)
    • Xénero Paxton (Baldwin y Johnson, 1999)
    • Xénero Pseudamia (Bleeker, 1865)
    • Xénero Pseudamiops (Smith, 1954)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Apogónidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Apogónidos