Aparato de vía
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un aparato de vía é un dispositivo que permite a ramificación e o cruzamento de diferentes vías de ferrocarril. Os aparatos de vía están formados por dous elementos básicos: desvíos e travesías. Tamén se entende por aparato de vía ao dispositivo para o intercambio de datos entre a vía e o tren.
Existen dous tipos básicos de aparellos de vía:
- Os desvíos permiten a unha vía dividirse en dúas ou excepcionalmente en tres vías, sendo os eixos das vías tanxentes entre si. Unha das vías, a vía directa, segue unha liña recta; mentres que as vías que se denomina vía desviada á que cambia de dirección no desvío.
- As travesías permiten a intersección de dúas vías sen posibilidade de cambiar dunha a outra.
Componentes [editar]
- Cambio de agullas: permite a conexión de dous carrís diverxentes asegurando a súa continuidade das respectivas vías.
- Cruzado: permiten a intersección de dous carrís.
- Carrís de unión