Angamali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro de Angamali

Angamali (malaialam: അങ്കമാലി, Aṅkamāli) é un concello do distrito de Ernakulam no estado de Kerala, na India, situado a 33 km ao norte da capital do distrito funciona como unha cidade satélite de Kochi. En maio de 1952 constituíuse como gram panchayat, goberno local autónomo, e en abril de 1978 logrou o status de concello. En 2001 a súa poboación era de 33.424 habitantes.