Anemone de bosque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anemone de bosque
Anemone nemorosa
Anemone nemorosa
Estado de conservación
Non ameazado
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Ranunculales
Familia: Ranunculaceae
Subfamilia: Ranunculoideae
Tribo: Anemoneae
Xénero: 'Anemone'
Especie: ''A. nemorosa''
Nome binomial
''Anemone nemorosa''
L.

A Anemone nemorosa é unha planta que florece ao inicio da primavera normalmente no sotobosque. Pertence ao xénero Anemone dentro da familia Ranunculaceae. Entre os seus nomes máis comúns temos anemone de bosque, flor do vento e cheiro de raposo.

Descrición[editar | editar a fonte]

A Anemone nemorosa é unha planta herbácea perenne que acada unha altura entre os 5 e 15 cm. A mediados do verán aínda que a planta non desenvolva o seu porte aéreo, vai estendendo baixo o terreo as súas raíces semellantes a rizomas. Os rizomas esténdense rapidamente, contribuíndo á súa expansión nas condicións favorables do bosque, o que permite que a planta tapice grandes extensións do chan. A flor ten un diámetro de 2 cm, con cinco a sete pétalos semellantes a segmentos, (en realidade tépalos) dunha intensa cor branca.

Na natureza, en estado silvestre, normalmente son brancas, pero poden ser rosadas, lilas ó azuis, e a miúdo teñen unha tinguidura máis escura no envés dos pétalos. Non teñen aroma e teñen pouco néctar debido a que non necesitan demasiado aos insectos para a súa reprodución.

Principios activos[editar | editar a fonte]

  • Protoanemonina
  • Anemonina

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • A planta é velenosa para os humanos, porén, pódese empregar como menciña.
  • A anemone de bosque amarela, Anemone ranunculoides, tamén coñecida como anemone cunca de manteiga, é unha planta semellante á Anemone nemorosa, pero con flores lixeramente máis pequenas e dunha cor amarela intensa.
  • A Anemone nemorosa é a flor emblema do Xardín Botánico de Göteborg, (Suecia), onde forma extensas praderías nas súas zonas de bosque.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Anemone de bosque