Andrea Brachfeld

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrea Brachfeld
Biografía
Nacemento3 de maio de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Utica, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónManhattan School of Music (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico de jazz , flautista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoLatin jazz (pt) Traducir e Post-bop Editar o valor em Wikidata
InstrumentoFrauta Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webandreabrachfeld.com Editar o valor em Wikidata
Discogs: 428719 Allmusic: mn0000034029 Editar o valor em Wikidata

Andrea Brachfeld, nada en Utica (estado de Nova York) en 1954, é unha frautista profesional americana experta en Jazz Latino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Frautista, compositora, arranxadora, profesora de música e empresaria, Andrea Brachfeld foi no seus comezos unha graduada da escola de música de Manhattan The High School of Music and Art. Estudante de Hubert Laws, Jimmy Heath, George Coleman, e Mike Longo destacou xa entón como músico de improvisación.

Comezou como músico profesional aos 16 anos, tempo dende o que tocou funk, country western, charanga, salsa, jazz latino e jazz americano. As súas colaboracións máis habituais foron con Wayne Wallace, Bobby Carcassés, Oscar Hernández, Alfredo de la Fé, Ralph Irrizarry, Tito Puente, Ray Barretto, Joe Newman, Hubert Laws, Nestor Torres, Dave Valentín, Paquito D’Rivera, Kenwood Dennard, Hilton Ruiz, Steve Turre, Wycliffe Gordon, Wallace Roney, ou Bill O’Connell.

O seu primeiro éxito de crítica e público chegou cando formaba parte da banda latina Charanga ’76, situándoa na fama da música Salsa daquel entón e como pioneira dese estilo de música entre as norteamericanas.

Durante o bacharelato recibiu o Louis Armstrong Award for Outstanding Student polos seus comezos tocando jazz. Downbeat magazine sinalou[cando?] a Andrea como a frautista de jazz contemporáneo de máis calidade. Agraciada dúas veces co Latin New York Music Award.

Durante os oitenta emigrou a Venezuela, despois de ser contactada polo empresario Renato Capriles, na súa chegada tivo a honra de abrir o escenario para Chick Corea e Paco de Lucía no ano 1982.

No seu primeiro CD de Jazz Latino Remembered Dreams combina harmonía do Jazz con ritmos latinos. No segundo, Back With Sweet Passion, emprega dinamismos da charanga e invita ao gañador do Grammy Oscar Hernandez ao piano e Alfredo De La Fé ao violín. No seu terceiro CD Beyond Standards incúe as voces de Pedrito Martínez. No seu último álbum latino Into the World: A Musical Offering colabora con Mike Longo, Paul West, e Brian Lynch.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Andrea Brachfeld". 10 de xuño 2022. Consultado o 27 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]