Analoxía (bioloxía)
En Bioloxía dise que dúas estruturas son análogas se cumpren funcións semellantes por medios semellantes, sen que se requira que teñan a mesmo orixe evolutiva. Se amais teñen a mesmo orixe evolutiva, á vez que análogas serán homólogas. Por outra banda as estruturas homólogas poden diverxer na súa función para cumprir papeis diferentes.
A converxencia é o fenómeno evolutivo polo que organismos diferentes afastados evolutivamente tenden, baixo presións ambientais equivalentes, a desenvolver características análogas.
Índice |
Orixe do termo [editar]
Até a primeira metade do século XIX, o termo homoloxía empregábase para referirse indistintamente ás estruturas que hoxe denominamos análogas e homólogas. Richard Owen foi o primeiro en facer terminoloxicamente explícita esta diferenza: homólogo é "o mesmo órgano en diferentes animais baixo todas as súas variedades en forma e función"; análogo é "unha parte ou órgano nun animal que ten a mesma función que outra parte ou órgano nun animal diferente".[1]
Exemplos [editar]
- As ás dunha bolboreta e dun morcego: ambas desempeñan a mesma función, pero o devanceiro común dos insectos e os mamíferos carecía de ás.
Notas [editar]
- ↑ Owen, R. (1843). Lectures on the Comparative Anatomy and Physiology of the Invertebrate Animals. Londres: Longman, Brown, Green e Longmans, pp. 379, 374)