Ana Colovic Lesoska

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAna Colovic Lesoska

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Skopje Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMacedonia do Norte Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónecoloxista , bióloga Editar o valor em Wikidata

Ana Colovic Lesoska, nada c. 1979, é unha bióloga macedonia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2011 comezou unha campaña contra a construción de diques para a produción de enerxía hidroeléctrica no Parque Nacional de Mavrovo, co fin de salvagardar as especies ameazadas, incluíndo o lince balcánico.[1][2] Isto levou á retirada dos préstamos do Banco Mundial e o Banco europeo para Reconstrución e Desenvolvemento (EBRD), convencendo ao goberno de Macedonia do Norte de suspender as obras das presas no parque nacional.

A bióloga Colovic Lesoska, escoitou falar en 2010 dos plans para crear instalacións hidroeléctricas en Mavrovo. Entre elas, a presa de Boškov Most, de 33 metros de altura e a presa de Lukovo Pole, de 70 metros de altura. Como directora executiva do centro de investigación ambiental macedonio Eko-svest, en colaboración con outra ONG e activistas, lanzou a campaña "Salvar Mavrovo".[3] En novembro de 2011, presentou unha queixa ante o ERBD, explicando que aprobaran un préstamo para o proxecto Boškov Mostsin sen realizar a avaliación medioambiental requirida. Animou ás embaixadas con representantes no consello de administración do EBRD a meter presión para pór fin ao financiamento. Unha petición que lanzou instando o goberno, ao ERBD e ao Banco Mundial para pór fin a eses proxectos conseguiu preto de 100 000 firmas.[4]

Parque nacional Mavrovo.

En 2013, presentou unha queixa ante o Convenio de Berna sobre a conservación da vida silvestre e os hábitats naturais europeos, explicando que o proxecto hidroeléctrico de Boškov Most "podería ter un impacto negativo decisivo no lince". En decembro de 2015, o Convenio de Berna ordenou ao ERBD e ao Banco Mundial suspender o financiamento xa que o proxecto podería ter "un impacto negativo decisivo sobre o lince".[4] O Banco Mundial retirou inmediatamente o financiamento e, o mes de maio seguinte, unha decisión xudicial anulou o permiso ambiental do proxecto Boškov Most. En xaneiro de 2017, o BERD cancelou o financiamento.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En recoñecemento aos seus esforzos e logros, en abril de 2019 Ana Colovic Lesoska foi unha das seis persoas galardoadas co Premio ambiental Goldman.[5][4][6] Foi a primeira vez que se concedeu este premio a Macedonia do Norte.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Colovic Lesoska, Ana (30 de novembro de 2015). "Bern Convention Committee to decide fate of Balkan lynx and Boškov Most hydropower plant in Macedonia". Bankwatch Network. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  2. "Eligibility Assessment Report: Complaint Boskov Most HPP" (PDF). European Bank for Reconstruction. 1 de decembro de 2011. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  3. "Eko-svest". Bankwatch Network. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Ana Colovic Lesoska". The Goldman Environmental Prize. 29 de abril de 2019. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  5. Dasgupta, Shreya (29 de abril de 2019). "Meet the winners of the 2019 Goldman Environmental Prize". Mongabay. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  6. "Conoce a los seis ‘premios Nobel’ de la protección ambiental de este año" (en castelán). 2019-05-02. Consultado o 2021-02-04. 
  7. "Macedonian activist wins Goldman Environmental Prize". Balkan Green Energy News. 30 de abril de 2019. Consultado o 20 de maio de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]