Ampelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ampelo, na mitoloxía grega, era o fillo dun sátiro e dunha ninfa, amais do amante do deus Dioniso.

O deus Dioniso, amante de Ampelo.

Lenda[editar | editar a fonte]

Era coñecido por relacionarse docilmente coas feras da natureza, salvo cunha da cal estaba advertido por Dioniso, o touro. Certo día un touro apareceu na ribeira do río no que se atopaba Ampelo e este decidiu montalo; todo ía ben, pero de súpeto o touro comezou a correr e Ampelo perdeu o control, caendo ó chan, rompendo o pescozo e sendo arrastrado por un hasta do touro uns cantos metros. Dioniso descubriu o seu corpo, e grazas a iso o deus que nunca choraba comezou a chorar. Nese momento naceu do corpo de Ampelo unha vide e grazas á súa morte naceu o viño, polo cal sería famoso Dioniso.