Ambrusius Abdu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAmbrusius Abdu
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1820 Editar o valor em Wikidata
Alepo Editar o valor em Wikidata
Morte1876 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Bispo diocesano
15 de novembro de 1866 –
← Basile Chahiat (en) TraducirMelezio Fakkak (en) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica siríaca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1860–), sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónClement Bahouth (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
8 de decembro de 1869Concilio Vaticano Primeiro Editar o valor em Wikidata

Ambrusius Abdu (en árabe: أمبروسيوس عبدو, "Ambrwusywus Abdwu"), nado o 8 de xaneiro de 1821 e finado en 1876, foi un eclesiástico greco-melquita, vigairo patriarcal de Xerusalén, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 8 de xaneiro de 1820/1821[1] en Alepo (entón centro do eyalet de Alepo, Imperio Otomán, hoxe Siria) nunha familia melquita distinguida,[2][3][4] e estudou no Pontificio Colexio Urbaniano de Propaganda Fide entre 1840 e 1849.[3][4] En 1850 foi ordenado sacerdote en Alepo polo patriarca Máximo III, e comezou o seu ministerio en Damasco.[4]

Foi nomeado vigairo patriarcal de Xerusalén, recibindo a consagración episcopal o 1 de abril de 1860 de mans do patriarca Clemente I.[2][3][4][5]

En 1864 foi nomeado vigairo patriarcal de Exipto e o Sudán.[6]

O 15 de novembro de 1866 foi nomeado arcebispo de Sahla e Fursul,[3] neste período exerceu tamén de substituto do vigairo patriarcal de Damasco.[2][7] Durante o seu pontificado levou a cabo importantes esforzos por promover a educación entre os nenos e nenas da súa diocese.[4] En 1869 foi condecorado coa Orde de Mecidiye otomá.[4] Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[8]

O 25 de decembro de 1875 foi novamente nomeado vigairo patriarcal de Xerusalén.[5] Finou no cargo en 1876.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As fontes dan como data no 8 de xaneiro, variando entre 1820 e 1821. Por exemplo, La gerarchia cattolica... (1872) da 1820, mentres que o número de 1867 da 1821.
  2. 2,0 2,1 2,2 Les Pères du concile du Vatican: biographie illustrée complète de tous les pères du concile. Administration du Concile Illustré. 1870. Mgr. Ambroise-Basile ABDO, né à Alep le 8 janvier 1820, consacré évêque de Jérusalem en 1860, transféré à l'évêché de Farzoul et Zahleh, rite grec-melchite, le 15 novembre 1866. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 La gerarchia cattolica e la famiglia pontificia per l'anno 1872 (en italiano). Roma. 1872. p. 195. Ambrogio Basilio Abdou, alunno del Pont. Collegio Urbano della Propaganda, n. in Aleppo 8 gen. 1820, cons. Vesc. di Gerusalemme 1 ap. 1860, tras. 15 nov. 1866. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Actes et histoire du concile oecuménique de Rome MDCCCLXIX, 1er du Vatican. Pilon. 1871. p. 2. 
  5. 5,0 5,1 "Siège Patriarcal de Jérusalem". Patriarcat - Grec Melkite Catholique (en francés). 24 de novembro de 2011. Consultado o 16/11/2018. 1860-1864 Ambroise Abdo (évêque) / 1875-1876 Ambroise Abdo (évêque) 
  6. "Alexandrie, Égypte et Soudan". Patriarcat - Grec Melkite Catholique (en francés). 24 de novembro de 2011. Consultado o 16/11/2018. 1864-1866 Ambroise Abdou (évêque) 
  7. "Siège patriarcal d'Antioche - Damas". Patriarcat - Grec Melkite Catholique (en francés). 21 de novembro de 2011. Consultado o 16/11/2018. Quand Maximos III Mazloum reçu en 1838 la charge des trois patriarcats d’Antioche, d’Alexandrie et de Jérusalem, il se fit aider dans chacun de ces trois patriarcats par des vicaires patriarcaux. Ceux de Damas étaient généralement évêques. En voici la liste: [...] 1852-1876 Macaire Haddad (évêque). Remplaçants en son absence : P. Philippe Abdo, 1857-1858 ; P. Ambroise Abdo, 1866-1875 
  8. Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 3. Abdou Ambrogio, Arcivescovo di Farzul e Zahlè (Rito Melchita) 
  9. "Notizie Religiose". Il divin salvatore (42): 669. 24 de febreiro de 1877. Nel 1876 la Chiesa a pianto la perdite dei seguinte Cardinali, Arciv. e Vescovi:[...] Ambrogio Basilio Abdou, di rito greco-melchita, Vescovo di Zahale o Farzal (Turchia).