Almansa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Almansa, Casa da Vila (estilo manierista), na Praza de Santa María.

Almansa é unha localidade española, pertencente á provincia de Albacete, en Castela-A Mancha. O termo municipal limita coas provincias de Valencia e Alacant e coa Rexión de Murcia. O centro urbano ten unha extensión de 24,43 km².

Almansa está moi vinculada ao Val do Vinalopó (Alacant), sobre todo pola industria zapateira, polas festas de Mouros e Cristiáns e polas relacións comerciais que se manteñen con elas (Villena, Elda, Elx, etc).

O 25 de abril de 1707 tivo lugar a batalla de Almansa, no marco da Guerra de Sucesión Española.