Aldea global

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aldea global é un termo cuñado por P. Wyndham Lewis no libro America and Cosmic Man (1948). Hoxe o termo úsase como unha metáfora para describir a internet e a World Wide Web, que globalizan a comunicación permitindo que usuarios de todo o mundo se conecten entre si, permitindo a comunicación directa entre toda a poboación como se fose unha aldea, formando unha nova realidade que ten implicacións sociolóxicas ó formar novas estruturas dentro do contexto da cultura.