Albaialde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O albaialde é carbonato básico de chumbo, (CO3)2(OH)2Pb2, sólido e de cor branca, empregado en pinturas, ata comenzos do século XIX, cando se descrubiu o branco de cinc foi a única cor branca de calidade empregada na pintura ao óleo. Utilizado dende antigo, o químico sueco Torbern Olof Bergmann determinou a súa composición en 1774. Ten como sinónimos branco de chumbo. O térmo albaialde procede do árabe al-bayad (branco, albo). Actualmente, o sulfuro de cinc e o dióxido de titanio ofrecen un ton branco excelente sen ser tóxicos nin escurecer co tempo. Ademais, o prezo de mercado das tres sustancias é parecido. Cando se descubriu o branco de cinc (sulfuro de cinc) o albaialde deixou de utilizarse.

Historia[editar | editar a fonte]

O albaialde foi utilizado desde antigo como pigmento até principios do século XIX. Durante séculos, foi a única cor branca de calidade empregada na pintura. A súa brancura era moi valorada, pero o seu uso presentaba dous inconvenientes importantes:

1. Tende a escurecer co paso do tempo debido á actuación sobre el do gas sulfhídrico ou sulfuro de hidróxeno (contaminante do aire), que produce sulfuro de chumbo negro: Pb3(CO3)2(OH)2(sólido branco) + 3H2S(gas) → 3PbS(sólido negro) + 2CO2(gas) + 4H2O(gas)

2. É fortemente tóxico.

Tamén foi un pigmento que mesturado con mel utilizaban as hetairas gregas como mascarilla para o rostro. Mantíñano toda a noite e ao erguerse lavaban o rostro con auga fría, aplicándose posteriormente outra capa da mesma mestura pero máis diluída, que lle confería ao rostro unha coloración esbrancuxada.

Ademais, o chamado ungüento de albaialde, foi unha pomada que se usaba antigamente para as infeccións.