Aixada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aixadas, sachos e, na fila inferior, picarañas (Centro Etnográfico de Soutelo de Montes, Pontevedra).

Unha aixada é unha ferramenta agrícola que consiste nunha peza de metal, ferro polo xeral, en forma de pa aguzada por un lado e unida a un mango perpendicular, e que se utiliza para cavar ou remexer a terra.

Un tipo de aixada é o sacho, que normalmente é un pouco máis pequeno, denominándose ás veces sacha. Con todo, o tamaño do sacho pode variar segundo a zona na que nos situemos.