Adrar, Alxeria
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Adrar.
Adrar (en árabe أدرار; en bérber:
) é unha cidade e comuna de Alxeria, localizada onda un oasis no deserto do Sahara. É a capital administrativa da segunda maior provincia (wilaya) do país, Adrar.
[editar] Economía
Adrar é basicamente unha cidade agricultural, caracterizada polo seu tradicional sistema de irrigación, coñecido como foggara.
[editar] Cultura
O propio oasis é considerado un tesouro, que inclúe diversos monumentos históricos. O poboamento da rexión (coñecida anteriormente como Tuat) é moi antigo, e a área abrigou diferentes culturas. Esta mestura xerou un corpo de tradicións e prácticas culturais e artesanais que até hoxe en día están presentes na vida dos seus habitantes e que se traduce no folclore e na herdanza cultural local.
[editar] Transportes
A cidade está próxima ao Aeroporto Touat Cheikh Sidi Mohamed Belkebir (coñecido simplemente como Aeroporto de Adrar), localizado a dez quilómetros do centro da cidade. O aeroporto opera voos da Air Algérie para Alxer, Bordj Badji Mokhtar, Orán e Ouargla, alén de voos pola Tassili Airlines para In Aménas.