Acelomados
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa zooloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Acelomados | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
Dermophtirius sp |
||||||
| Clasificación científica | ||||||
|
||||||
| Filos | ||||||
|
Os Acelomados (Acoelomata) son un grupo animais bilaterais carentes do celoma que é a gran cavidade xeral do corpo tendo como única cavidade o celenterón; polo tanto, presentan un corpo macizo xa que entre a parede do corpo e o intestino existe unha masa de células mesenquimáticas que reenchen o espazo que hai entre a epiderme e gastroderme e ademais fibras musculares. O termo acelomado carece de calquera significado taxonómico aínda que sirve para identificar o grupo de seres vivos coas características antes mencionadas polo que algúns lle dan a consideración de superfilum
Os acelomados son vermes alongados segundo o eixo principal do corpo. As especies móvense por movementos de tipo ciliar ou ondulatorio. Os filos tipicamente acelomados son os Platelmintos, os Nemertinos; e os Gnotostomúlidos que algúns autores pensan que son acelomados e outros que son pseudocelomados(*).
. O resto de bilaterais posúen unha cavidade corporal chea de líquido entre a parede do corpo e o intestino, xa sexa un auténtico celoma (celomados) o un pseudoceloma (Pseudocelomados ou Blastocelomados), polo menos en estado embrionario.
Os acelomados son os bilaterais máis simples, con corpos vermiformes e epitelios ciliados, e a maioría dos zoólogos están de acordo en que a orixe dos bilaterais pasa por un antepasado acelomado do cal xurdirían os turbelarios e os primeiros celomados. Polo tanto, serían o grupo do cal deriva a radiación de todos os animais triblásticos.
Índice |
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Altaba, C. R. et al (1991), Invertebrats no artròpodes. Història Natural dels Països Catalans, 8, Enciclopèdia Catalana, S. A., Barcelona, 598 pp. ISBN 84-7739-177-7.
- Hickman, C. P; Ober, W. C. e Garrison, C. W (2006), Principios integrales de zoología, McGraw-Hill-Interamericana, Madrid. ISBN 84-481-4528-3.
- Meglitsch, P.A (1986), Zoología de invertebrados, Ed.Pirámide, Madrid. ISBN 84-368-0316-7.